domingo, 26 de septiembre de 2010

Xustiza final

Debut con triunfo na tempadas 2010 - 2011 do Melide FS na cancha do Friol por 4 -7 pero cun marcador que non reflexa a superioridade ofrecida na pista polos de Melide.
Comezou o encontro cun equipo visitante en plan apisonadora de xogo pero totalmente negado para o gol e perdoando ocasións clarisimas. Tal foi o dominio que o Friol so tirou tres tiros a porta eso si, dou deles remataron en gol con dous disparos lonxanos de Juanillo que Guti non puido deter. Mentres o Melide seguia dominando e creando ocasións pero sen marcar. Non foi ata o último minuto do primeiro tempo cando Manuel aproveitou un rexeite do traveseiro para acurtar distancias xusto antes de irse o descanso.
Na segunda a punteria mellorou algo, pero a defensa empeorou un pouco, xa que fomos un pouco mais blandos, ainda así, en pouco tempo Manuel e Manito (non celebrou o gol en Friol) deronlle a volta o marcador. Nese intre xa todo parecía feito pero chegou a pájara que xa tiñamos o ano pasado e en dous minutos os locais deronlle a volta o marcador poñendo o 4-3. Pero ai surxiu o mellor Melide FS, co cambio de defensa, unha gran presión, e sobre todo un gran contrataque conseguiu volver dar a volta o marcador con goles de Manuel, Sergi, Fer e Xurxo, para facer o 4-7 final.
A destacar do encontro o debut de Javi e de Peke, ambos facendo un gran partido. A gran segunda parte de Tapy e en xeral o gran ambiente do equipo. E por último destacar o mister (que conste que xa non teño que loubalo para non rascar banqueta) que ainda que para min lle faltou un tempo (algunha critica tamén está ben jeje) onte demostrou en varias cousas que ten as ideas claras, e que sabe a donde quere chegar, e que ainda que a veces nos adestramentos non sexa agradable preparar cousas de estratexia, onte demostrou, que se as curramos, ainda o que parece dificil con confianza pode saír. Asique a seguir currando todos.
Un saúdo e antes de rematar pedirvos a todos o apoio a vindeira semana para o debut do clube na casa. Será o sabado as 19h fronte o Arzúa FS. AGARDAMOSVOS A TODOS!!!!!!!!!!!!!

martes, 21 de septiembre de 2010

Trata de arrancarlo............

En primeiro lugar e antes de comentar nada, quixera devolver todos os agradecementos a todos e cada un dos que participarón nesa memorable semana Eypar, e dicirvos por certo que temos ainda algo pendente con todolos colaboradores.
En segundo lugar, pedir desculpas a todos os seguidores deste blog, pero por diferentes motivos tiveno moi abandonado últimamente, pero vou tentar volver a poñelo o día a lo menos os días que vaia os encontros, e tamén agardo as colaboracións do ano pasado para que se fale moito aquí de futbol sala.
Xa entrando en materia, decirvos a todos como xa sabedes que esta semana pasada arrancou a liga autonomica norte de futbol sala, ainda que para nos, o Melide FS, farao esta semana, será coa visita o recén "estrenado na categoria" Friol. Será o vindeiro sábado as 20:00 no municipal da localidade lucense. Agardemos comezar con bó pé.
Para ser o primeiro día despois de tanto tempo xa non está mal, dentro de pouco mais. AGARDOVOS A TODOS POR AQUÍ!!!!!!!!!!
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010