miércoles, 30 de septiembre de 2009

¡Novidade no Blog!

Queremos comunicar os visitantes do noso blog, que dende esta semana imos contar cun novo apartado titulado "Partidos Liga Autonómica Norte" (que podedes encontrar na columna da dereita) e que consiste nun enlace co novo Canal de Youtube que acabamos de crear (Canal Melide fs) no cal colgaremos diferentes videos dos partidos da nosa liga (Autonómica Norte). Na sua maioria, e como é lóxico, os videos subidos serán do noso equipo, tanto os xogados na casa como fora, pero tamén subiremos alguns que faremos doutros enfrentamentos co fin de poder disfrutar do noso deporte, e de promocionar dalgunha maneira o nivel que este ano se pode ver na nosa categoria, composta por grandes equipos. Sen mais, animarvos dende o noso blog a que vos deixedes caer polo Canal e poidades disfrutar dun dos deportes mais espectaculares e dunha das suas categorias mais equilibradas e competitivas! Un saudo e Engánchate o futbol sala!
.....................................................................................
P.D: nestes momentos so temos subidos dous videos de probas, pero estamos a subir xa parte do partido que enfrentou o Vilalba-Castro na primeira xornada, e despois tamén colgaremos parte do partido Troula-Mera B e do Ribeira-Cedeira. Por ultimo subiremos o Melide-Burela e o Melide-Mera B, estes ultimos completos.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Segundo partido, segunda derrota

Segunda derrota do Melide fs neste inicio de tempada por 7-9 fronte o Hotel Torques Mera "B", nun novo encontro tolo e que dende o principio se sabía que ía ser complicado. O partido empezou ben para os de casa cun gol de Nando nos primeiros minutos. Sen embargo, a raiz do gol o control foi do Mera que cunha defensa que cerraba moi ben a posibilidade de pase roubaba con moita facilidade o balón saindo rápido a contra e logrando dous goles casi seguidos.
Pasaron os minutos e a pesar de varias ocasións finalizadas por Borja Casal e por Manuel o Melide fs non foi capaz de lograr o gol do empate, mentres que o Mera poñia o 1-4 no marcador con duas xogadas moi ben fabricadas e rematadas.
Con este resultado chegouse o descanso, tras unha primeira parte donde o equipo local non se encontraba na pista con varios erros individuales e desaxustes defensivos, e cos visitantes cas ideas moi claras de como xogar levando o peso do partido.
No comezo da segunda metade o partido seguiu igual ata alcanzar o equipo visitante unha ventaxa de seis goles co 1-7 no marcador. Foi neste momento (quedando aproximadamente 15 minutos) cando Tonecho apostou por presionar a toda pista complicando a saida de balón do Mera e donde se viu unha espectacular reacción do equipo logrando poñer o marcador cunha diferencia de dous goles (5-7), reacción que se viu acompañada pola boa entrada que se rexistrou na grada e que se facia notar.
No medio desta reacción local, o Mera foi capaz de chegar a porteria defendida neses momentos por Tapi (que tivo grandes paradas) e nunha destas chegadas logrou meter o octavo gol. A pesar disto o Melide seguiu apretando un pouco a desesperada buscando a porteria contraria con impetu, e as veces incluso con certa precipitación, o cal lle permitiu poñerse a un gol no marcador (7-8).
Xa no último minuto, co Melide presionando o límite e xa con cinco faltas en contra, foi cando o Mera foi capaz de provocar o seu terceiro dobre penalti a favor e que, despois de fallar os dous primeiros, puido transformar logrando o 7-9 definitivo, e deixando os locais sen posibilidade de remontada.
Tonecho empezou o partido co seguinte quinteto: Guti, Nando, Manuel, Xurxo e Borja Casal. Tamén xogaron Tapi, Cordi, Kike, Carlos 500, Cristian, Humberto e Manito.
Destacar a capacidade de reacción mostrada polos xogadores donde a pesar de chegar a verse con 6 goles de diferencia encontra souperon ser un equipo e intentaron buscar unha remontada complicada. No apartado individual penso que hai que nomear a dous xogadores: Borja Casal (coa sua habitual garra) e Cordi (sendo o mellor dos locais e traballando e levando sempre perigo).
Como conclusion, polo visto tanto neste partido como no anterior, o equipo ten moita pegada arriba (14 goles a favor), pero non está ben na defensa con constantes erros individuais e colectivos (17 en contra). Pero esto non fai mais que comezar e o importante é que hai que seguir traballando e acoplando a xente porque o equipo ten moitas posibilidades. As ilusións seguen intactas!
.....................................................................................
Resultados Xornada 2:
Jim Sports Melide F.S. - Hotel Torques Mera "B" (7-9)
F.S. Cedeira - Burela Turística (1-2)
Ventorrillo Caixanova - Club Ribeira F.S. (5-4)
Concello de Arzua - F.S. Alameda Xarío
C.F.S. Castro - Boqueixón F.S. (1-4)
S.I. Outeiro de Rei - Peugeot Vilalba F.S. (4-0)
Jogafán Ordes F.S. - C.P. Casás (4-3)
Troula F.S. - Loterías Mexillón de Ouro (8-3)
.....................................................................................
Xornada 3 (03/10/2009):
Jim Sports Melide F.S. - F.S. Cedeira (18:00 h)
Burela Turística - Ventorrillo Caixanova (16:30 h)
Club Ribeira F.S. - Concello de Arzua (20:00 h)
F.S. Alameda Xarío - C.F.S. Castro
Boqueixón F.S. - S.I. Outeiro de Rei
Peugeot Vilalba F.S. - Jogafán Ordes F.S. (18:30 h)
C.P. Casás - Troula F.S.
Hotel Torques Mera "B" - Loterías Mexillón de Ouro

lunes, 21 de septiembre de 2009

Arranque con derrota

Esta semana por problemas con internet, retrasouse un pouco o tema da cronica, pero o final conseguino. 7-8 foi o resultado final do debut do Melide fronte o Burela Turistica nun encontro tolo.
Comezou o encontro equilibrado pero dous erros consecutivoos do Melide fixeron que os lucenses tomaran vantaxe, foi Piston logo dunha boa xogada quen recurtou a diferencia, pero un novo erro volveu a poñer os dous goles de diferencia. Nese intre veuse o que ten que acabar sendo o Melide FS, un equipo rapido e con gol e en apenas tres minutos fixo tres goles de Nando, Manuel e Borja Casal que poñian o 4-3. Antes do descanso o Burela fixo o empate e o gol psicoloxico
Na segunda metade o partido seguiu un pouco tolo e con ocasions para os dous bandos, pero que so tranformaban os visitantes. So oubo un atisbo de remontada nos ultimos minutos coa presion a todo o campo que fixo que nos puxesemos a un gol con outros tres de Borja Casal, e ademais que fallasemos un doble penalti e non pitasen un penalti dubidoso.
Mal resultado pero ainda asi, estivemos apiques de non caer derrotados. Hai que seguir traballando e buscando mellorar mais vistos os resultados da xornada con bastantes sorpresas. A proxima semana ven o Mera B a Melide, tentaremos mellorar. Será a partir das seis da tarde.
Un saudo e para a semana se arranxo isto mellorara algo a cronica e o tempo.

martes, 15 de septiembre de 2009

Arranca

Fago esta entrada solo para recordar que esta fin de semana arranca a tempada oficial co primeiro encontro xogando como local Melide Fs - Burela Turistica, pero vaino facer nunha data algo inusual, como xa sabedes a maioria o encontro será o venres as 22:00h o motivo debe ser que e o escollido pola Lnfs para televisar por teledeporte jeje, no en serio, o parecer os de Burela o sabado tiñan un compromiso e pedironnos para cambialo para o domingo, pero esa data non soe ser boa para xogar asique agardamos contar con todos pese a que coincide con outro evento deportivo, pero o futbol sala e unha hora e para o rally tedes todo o viernes e sabado.
Un saudo e ata viernes.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Progresa adecuadamente

Seguimos na nosa liña de pretempada, mellorando cousas no xogo, cada dia mellor actitude pero de novo derrota. Esta vez fronte a un equipo de Nacional A como o Autos Lobelle que nos gañou por 2-5 pero nun partido moi equilibrado.
O encontro comezou coa presion dos de Santiago dende o minuto un en toda a cancha o que nos dificultaba a saida de balón ainda así nunha xogada de estratexia Borja Casal facía o primeiro gol logo dun pase de Manito. O empate do Lobelle chegou antes do descanso o darlle froito a presíon cerca da nosa area e logo dun roubo conseguiu equilibrar o marcador co que fomos o descanso de 1-1.
Na reanudación o Melide tivo o encontro, consegiu adiantarse por medio de novo de Borja Casal, e na seguinte xogada practicamente o propio Borja tivo o terceiro ademais o rexeite colleuno Manuel e enviouno o poste, neses intres o Melide dispuxo de outras varias ocasións. Posteriormente o mellor saber facer do Lobelle impuxose, facendo primeiro o empate e en cinco minutos malos do Jim Sports marcando outros tres goles para sentenciar o encontro.
Destacar do encontro a Borja Casal que con este doblete convirtese en pichichi da pretempada, a un super Fernando que o certo e que destaca todos os encontros e sobre todo o público que nos veu a apoiar a martagona, en dia laborable e rematando pasadas as dez e media e que ainda asi case enche a grada. Insisto GRACIAS e agardemos tervos tamén durante a liga donde si imos necesitar ese apoio.
Falando da liga comentarvos que o encontro da primeira xornada que se tiña que disputar en Burela o final cambiouse porque eles non podian xogar o sabado asique a data definitiva sera o Viernes 18 de Setembro as 22:00h e en Melide.
Antes de este encontro en principio xogaremos outro amigable este sabado ainda que esta por confirmar o rival. Cando se sepa xa o poñeremos nos comentarios ou no foro o igual que a hora do mesmo.
Un saudo e ¡NON PAGUES A MULTA! jeje
P.D: Xa me pasoua a presi consorte as fotos de algun encontro asique tentarei colgalas por aqui. Gracias.

domingo, 6 de septiembre de 2009

A mellor

Dous partidos disputados esta semana polo Melide Futbol Sala nos que sacou un empate e unha derrota pero nos que se recuperaron as boas sensacions. Esta sendo unha pretempada dificil a nivel de resultados xa que nos estamos a enfrontar con rivais moi fortes e case todos de categoria superior, ainda asi pouquiño a pouco imos encontrando o camiño.
O xoves xogouse en Ordes fronte o Mueble Jogafan e o resultado foi de 1-1 con gol de Bareto. Ainda que non acudin o encontro polo que todos me comentaron foi un bo partido dos de Melide e no que so faltou estar mais atinados cara a porta para ter un mellor resultado xa que se errou un penalti e tiraronse varios balóns os postes.
Onte sabado recibimos en Melide o Concello de Trabada e o resultado foi de 3-5, nada comparable co 10-1 de fai tan so duas semanas fronte o mesmo rival. No encontro de onte o Melide adiantouse con un gol de Carlos Quini, que os visitantes remontaron con dous "churros" de goles con moita sorte. Empatou Fernando cun gran disparo e sobre a bocina do descanso os de Trabada volveron a poñerse por diante o transformar un dobre penalti. Na segunda metade o encontro foi similar, un gol moi rapido dos visitantes volveuno a neutralizar Carlos cun remate no segundo pao. O 3-5 foi logo dunha moi boa xogada en equipo do Concello de Trabada.
A pesares da derrota insisto en que as sensacións melloran pouco a pouco e onte denovo faltou un pouco de gol xa que volvemos errar un dobre penalti e mandamos dous balons os paos. Destacar o traballo de todos neste encontro pero a min gustaronme especialmente Carlos "Quinigol" que aparte do doblete fixo un gran traballo en defensa e tamen Humberto que nesta defensa en zona pode aportar moito.
Recordar que este martes xogamos as 21:00h fronte o Autos Lobelle o ultimo encontro de pretempada a falta de cerrar algun outro.
Un saudo e agardemos seguir mellorando

martes, 1 de septiembre de 2009

A recuperar sensacions

Logo dun mes bastante complicado por tema das festas do San Roque, das vacacions e tamén da coincidencia dos adestramentos con encontros do Solaina e de Adega O Lar no campionato de Agosto, este mercores reanudase actividade no Melide FS e agardemos que se faga co maior dos compromisos por parte de todos. Será esta reanudacion a partires das nove da noite no pavillón con unha reunión e logo cun adestramento.
O día seguinte, o xoves dia 3 o equipo viaxa a Ordes para enfrontarse co Muebles Jogafan as 22:00h e o venres volvemos a adestrar.
Non acaba ai a semana xa que o sábado recibimos a visita do Concello de Trabada as 18:00h no pavillón de Melide e por se isto forá pouco deixamos o prato forte para o Martes dia 8 de setembro cando tamén as 21:00h en Melide recibimos o Autos Lobelle B de Santiago.
Por diferentes motivos estas duas proximas semanas non vou a estar tan enchufado co equipo e voume ausentar de algun partido e adestramento, asique pedirlle a Tonecho ou a algun outro que se anime nos faga de cronista do partido do xoves en Ordes.
Un saudo e moita sorte

Fotos Semana Eypar 2010