martes, 1 de septiembre de 2009

A recuperar sensacions

Logo dun mes bastante complicado por tema das festas do San Roque, das vacacions e tamén da coincidencia dos adestramentos con encontros do Solaina e de Adega O Lar no campionato de Agosto, este mercores reanudase actividade no Melide FS e agardemos que se faga co maior dos compromisos por parte de todos. Será esta reanudacion a partires das nove da noite no pavillón con unha reunión e logo cun adestramento.
O día seguinte, o xoves dia 3 o equipo viaxa a Ordes para enfrontarse co Muebles Jogafan as 22:00h e o venres volvemos a adestrar.
Non acaba ai a semana xa que o sábado recibimos a visita do Concello de Trabada as 18:00h no pavillón de Melide e por se isto forá pouco deixamos o prato forte para o Martes dia 8 de setembro cando tamén as 21:00h en Melide recibimos o Autos Lobelle B de Santiago.
Por diferentes motivos estas duas proximas semanas non vou a estar tan enchufado co equipo e voume ausentar de algun partido e adestramento, asique pedirlle a Tonecho ou a algun outro que se anime nos faga de cronista do partido do xoves en Ordes.
Un saudo e moita sorte

7 comentarios:

Tonecho dijo...

O Trabada este sebado, se non temos cambios de ultima hora, xogarase as 18:00, mentras que o Lobelle sera as 21:00.
Un saudo a todos e vemonos mercores na reunion e no adestramento.

Tonecho dijo...

Bo partido de pretempada contra o Ordes.
Xa era hora de que tiveramos un partido onde as sensacions foran distintas. O resultado foi o de menos, o importante e que comeza a sair a defensa con cambios e o mesmo tempo rotamos e defendemos con mais intensidade. Estamos acercandonos o que buscamos para este ano.
Diego adaptouse moi ben a unha posicion distinta da que ocupaba, Nacho sigue na sua liña de crecer futbolisticamente e Bareto entrou moi ben na dinamica pero fisicamente decaeu un pouco na segunda parte (este sistema e moi esixente no aspecto fisico). O resto na sua liña de crecemento deportivo e persoal.
Este sabado volta o Trabada, a esto sumanse varios problemas o aumento de xente para facer cambios o cal aumentará o desconcerto e a paliza que nos deron no partido anterior.
Nada mais polo momento, so felicitar os xogadores pola actitude e o traballo de hoxe en Ordes, espero poder conseguir o mesmo toda a tempada pero con mais sorte de cara a gol.
Un saudo e animadevos a opinar e a vir ver o partido este sabado as 18:00.
Un saudo.

Ivan dijo...

Pero como foi o resultado?, Quen mollou? Cantos fostes?, Uy vou ter que ir xogar maña que de cronista deixaste moitos detalles jeje.

Un saudo e vemonos maña. Por certo o do Facebook e Tuenti, tomo nota pero dame un par de semanas de marxe

Anónimo dijo...

fomos 12,meteu o gol bareto que tamen fallou un penalti,jaja

Anónimo dijo...

quedamos a 1-1

Unknown dijo...

QUE BEN!!!
Encantame ler palabras tan positivas. Un agarimo a todos. O martes non fallo.

PD: Rascando a barriga por outros lares estase tamén estupendamente.

ÁNIMO!!!!!

Tonecho dijo...

Boas sensacions contra o Trabada. Pouco a pouco arrimamonos o que buscamos.
No momento que Ivan faga unha entrada nova comentarei algo.
Un saudo a todos.

Fotos Semana Eypar 2010