domingo, 6 de septiembre de 2009

A mellor

Dous partidos disputados esta semana polo Melide Futbol Sala nos que sacou un empate e unha derrota pero nos que se recuperaron as boas sensacions. Esta sendo unha pretempada dificil a nivel de resultados xa que nos estamos a enfrontar con rivais moi fortes e case todos de categoria superior, ainda asi pouquiño a pouco imos encontrando o camiño.
O xoves xogouse en Ordes fronte o Mueble Jogafan e o resultado foi de 1-1 con gol de Bareto. Ainda que non acudin o encontro polo que todos me comentaron foi un bo partido dos de Melide e no que so faltou estar mais atinados cara a porta para ter un mellor resultado xa que se errou un penalti e tiraronse varios balóns os postes.
Onte sabado recibimos en Melide o Concello de Trabada e o resultado foi de 3-5, nada comparable co 10-1 de fai tan so duas semanas fronte o mesmo rival. No encontro de onte o Melide adiantouse con un gol de Carlos Quini, que os visitantes remontaron con dous "churros" de goles con moita sorte. Empatou Fernando cun gran disparo e sobre a bocina do descanso os de Trabada volveron a poñerse por diante o transformar un dobre penalti. Na segunda metade o encontro foi similar, un gol moi rapido dos visitantes volveuno a neutralizar Carlos cun remate no segundo pao. O 3-5 foi logo dunha moi boa xogada en equipo do Concello de Trabada.
A pesares da derrota insisto en que as sensacións melloran pouco a pouco e onte denovo faltou un pouco de gol xa que volvemos errar un dobre penalti e mandamos dous balons os paos. Destacar o traballo de todos neste encontro pero a min gustaronme especialmente Carlos "Quinigol" que aparte do doblete fixo un gran traballo en defensa e tamen Humberto que nesta defensa en zona pode aportar moito.
Recordar que este martes xogamos as 21:00h fronte o Autos Lobelle o ultimo encontro de pretempada a falta de cerrar algun outro.
Un saudo e agardemos seguir mellorando

9 comentarios:

Anónimo dijo...

pal año a provincial de cabeza no

end dijo...

Eu tamén o creo.jejjejejejeje
Os de trabada ganron os 2 partidos.
Estades de carallo se vos parece un bo resultado un 3-5 na casa que esparavades outro 10 a 1 jjajajajajjajajajaj.

Anónimo dijo...

Menos mal que a xente nin lle entra o trapo nin lle fai caso a estos especimenes que unico quu queren e desetabilizar,a ilusion segue intacta.
Forza melide fs!!!!

14-Guti Selección dijo...

Jaja algo está cambiando!! Debe sela 2ª vez en 2 anos que levo no equipo que Mark se sorprende comigo(a primeira é mellor non comentala jaja).

Creo que pouco a pouco nos imos coñecendo todos e creo que se debe recalacar que o xuntar 2 equipos con diferencias de idade tan marcadas é algo que leva tempo de acoplaxe.
Os rapaces son moi bos e os maiores creo que a pesar do mal que xogamos estos 2 últimos anos podemos aportar moitas cousas, "siempre desde la ignorancia y la humildad" e con moito traballo.
Ó fin e ó cabo salavamolo equipo do descenso fai 2 anos in extremis cando ninguen daba un duro por nos e cun máximo de 8 xogadores nos últimos 10 partidos, e o ano pasado quedamos por riba da metade da táboa. Insisto en que non xogamos a nada estos 2 últimos anos pero creo que que se debe valorar o traballo realizado e os resultados obtidos a pesar de todo.

En canto ó amónimo máis a END gustaríame dicirlleS que un 3-5 en pretemporada é igual que un 10-0 ou un 1-10. A todos nos gusta gañar e nadie lle gusta perder pero as pretemporadas están para probar cousas e entrenar, coller ritmo.
Esta non é a nosa liga, xogar contra un nacionalB pérmitenos probar ata donde podemos chegar, pero en ning´n momento imos atopar un equipo de ese nivel na nosa categoría.
Creo que deberíades ver un pouquiño máis de mundo e aprender a "CONTEXTUALIZAR". O 10-1 foi un mal resultado polo xogo, non polo resultado en si. O 3-5 foi un bo resultado polo xogo mostrado, plantandolle cara a un equipo no que os seus integrante cobran por xogar(=profesionales).
A min personalmente, ganarlle 10-0 a unhos parroquianos na pretemporada pois que queres que che diga, prefiro ir velo Azkar e tomar logo unha cervexa con Pistón e Manito.
Lo dicho, espero que pouco a pouco e recuperando a normalidade dos entrenos empecemos a temporada a tope, porque creo que equipo hai de sobra.

Mark, xa te invitarei a unha cervexina logo polos comentarios positivos jeje!!!

Un saludo!!!

Tonecho dijo...

Non existe cousa mais triste nesta vida que ser un Anonimo para poder decir o que pensas.
Pode ser que teñades razon, pero se non sabemos quen sodes non podemos darvos as gracias polos vosos coñecementos.
Xa o dixen outras veces, se nos temos que ir a provincial, iremos e non pasará nada. Se temos que gañar o liga, gañaremola. Faremos o faga falta, pero eso si, pasandoo de medo e aprendendo.
Tranquilos, non choredes por nos. soportaremos o que veña.
Sobre os partidos, moi bo cambio de actitude, o mais importante estamos a conseguilo. Agora so falla, o esquema de xogo, a defensa, o contrataque, as rotacions, as estratexia, a punteria, as temporizacions, e algo mais que seguro que se me olvida.
O futbol sala e moi grande para que dous anonimos dean leccions, nos o noso, adestrar, xogar, aprender e sobretodo disfrutar do futbol sala.
Un saudo a todos.
Pd: Eu tamen quero felicitar a Quinigol, xa case e un home, so falta rematalo.

Manito dijo...

Boas a todos!!!

Xa hai tempo que non me deixo caer por aquí e vai sendo hora de que dea o meu punto de vista.

En primeiro lugar felicitar á directiva (un pouco de peloteo nunca ven mal jeje), temos moita sorte, os xogadores me refiro, de estar tan ben tratados en canto apoio, material e digamos, conceptos extradeportivos. En tódolos anos que levo xogando, que xa hai, nunca vin tal.

Pasando a asuntos meramente deportivos, bueno, non vou nin a entrar a valorar os comentarios anónimos simplemente dicir que unha vez visto todo o mundo e listo e se tanto saben ou tan pouco sabemos os demáis podían iluminarnos coa súa sabedoría, aínda que sexa por caridade cristiá, en fin... para o ano hai que buscar equipos de colegas para a pretempada e dedicarnos a pegar marimbas por Galicia adiante.
Falando da pretempada é obvio que en canto a resultados está a ser negativa pero é o momento das probaturas, de buscar os acoples e as asociacións entre xogadores e, sobre todo, de adaptarnos a un sistema de xogo novo. Se agora fósemos capaces de ganarlle a Azkar, Trabada ou mañá ó Lobelle é mellor que nos den a liga por gañada xa e aforramos traballos. Estou de acordo en que aínda estamos verdes pero pasiño a pasiño vaise facendo camiño. Os "vellos" estamos tentando acoplarnos a unha maneira de xogar inédita para a maioría polo que en realidade somos nós os novatos pois os rapaces levan xa moito mallado pero o mellor de todo e que vexo á xente con ganas de aprender e de esforzarse. Pola miña parte estame costando un collón collerlle o truco ó tejedillo (copyright de Pistón) pero a testán non me gana ninguén e aínda que só sexa por poñerllo difícil o mister e tocarlle os huevos voume partir os cornos e coma min a maioría, estou seguro.
Para concluir só me queda dicir que estou desexando que empece a liga para ver onde estamos de verdade e que, para mín polo menos, supón un proxecto moi ilusionante (ben é certo que son case todos pero o día que perda a ilusión por xogar colgo as botas).

Nada máis, unha aperta a todos (ós das críticas tamén non vaia ser que o final teñades razón e mira tí que papeleta, jaja) e vémonos pola Martagona ou, no seu defecto, no bar.

Manito.

Anónimo dijo...

que tienes ganas de empezar la liga para saber donde estais,pues ya te lo digo yo de 16 que sois, del 12 para abajo fijo.Mire el calendario en la pagina de la federacion y empezais con burela y mera, y ya te digo yo que van a ser dos "marimbas" como tu dices, pero las que os van a dar.

Manito dijo...

Boas a todos!!

Queríalle contestar ó último anónimo por que penso que me malinterpretou. Eu dicía que teño ganas de que empece a liga para ver onde estamos realmente. Se despois a competición dí que estamos do 12 para abaixo pois haberá que apretar os dentes e achantar. O que sí teño claro e que este equipo saberá estar á altura tanto se gana coma se perde e deberías saber (pois supoño que xogarás nalgún dos equipos desta liga senón non entendo o interés) que non nos vamos a dar por vencidos por perder dous partidos o inicio da competición e que imos vender os resultados moi caros, se o final resulta que nos meten 12, bueno, á fin de semana seguinte hai outro partido e non hai case tempo de lamentarse.
O que sí me gustaría e que todos estes anónimos (igual é o mesmo sempre) dese/n a cara, sen ningún tipo de ánimo especial, simplemente para saber con quén falo, eu sei encaixar as críticas e é máis, gústame polemizar. Se o final tes ou tedes razón habemosla de dar, eu polo menos.
Nada máis, unha aperta a todos.

Tonecho dijo...

Opino como Manito, seria unha ledicia que estes anonimos dixeran quen son para asi poder falar con nomes. Esto e un foro para eso, falar con nomes e sen problemas.
Creo que a maior parte de nos sabe aceptar as criticas, pero sabendo con quen falamos.
O que si, eu penso distinto que Manito, penso que e algun de Melide que xoga noutro equipo de futbol.
E o mesmo, o importante e que poideramos falar con nomes e sen faltar.
Un saudo a todos e vide vernos este martes contra o Lobelle.

Fotos Semana Eypar 2010