lunes, 24 de agosto de 2009

Decepcionante

Mala imaxe a deixada polo Melide Fs na presentacion do Concello de Trabada caendo derrotado por 10-1.
Podemos poñer moitas excusas como que tiñamos moitas baixas, que era o dia seguinte do sabado de san roque, que foi unha viaxe longa etz, pero a realidade e que o equipo estivo mal, incluso moi mal, sobre todo na primeira metade. No segunto tempo as sensacións foron algo mellores pero ainda asi notase que falta moita, moitisima rodaxe e moitisimo traballo se queremos mellorar. Agardemos que para o dia 5 de setembro cando os rivais do domingo veñan a Melide a visitarnos a cousa sexa algo diferente e non digo polo resultado pero si pola imaxe.
Recordar os xogadores que o martes non se adestra, asique xoves as 21:30h todos no pavillon.
Un saúdo.

viernes, 21 de agosto de 2009

"V" Memorial Celso Currás

Este domingo o Jim Sports Melide Fs vai ter a honra de participar nun dos torneos de futbol sala de verán con maise nivel do futbol sala galego. Nes torneo vanse a dar cita Autos Lobelle de Santiago, Azkar de Lugo, Miro Martorell e Pescados Ruben. Dentro deste memorial hai outras moitas actividades como a presentación oficial do Concello de Trabada Fs que disputara liga de primeira nacional B e que nos escolleu como rival para a mesma. Aqui vos deixo o cartel ainda que non se ve moi ben.
Para este encontro que se disputará as 19:00h o Jim Sports vai contar con moitas baixas por distintos motivos pero pese a todo hai que tentar ir a deixar unha boa imaxe.
Un saúdo

domingo, 16 de agosto de 2009

Boas sensacións

Este sabado as 20:00h o Jim Sports Melide Fs xogou o primeiro encontro da pretempada 09/10 fronte o Azkar Lugo B, e pese a que o resultado foi de 2-7 as sensacións foron relativamente boas posto que o resultado non e o importante.
O encontro comezou de xeito trepidante e mais ainda canto os dous minutos Fernando marcaba o primeiro gol para os locales. A partir do gol pouco a pouco o Azkar foi impoñendo o seu futbol sala, a sua mellor preparación fisica e sobre todo a sua estratexia na que claramente foi moi superior e pese o gran traballo de Cristian e de Guti os de Lugo foronse con un 1-3 no marcador o descanso.
A segunda metade seguiu a mesma tónica e pese a que en ningun momento perdemos a cara o encontro a brecha ia ampliandose ata o 1-7. O último gol do encontro foi de novo para o Melide Fs por medio de Iván que logo dunha parede con Borja Casal facía o 2-7 que sería definitivo. Ainda que todo o equipo fixo un gran encontro, eu destaco a un impresionante Cristian que fixo paradas incribles sobre todo na primeira parte.
A conclusión e que hai un gran plantel, moi amplio e con xogadores de corte moi diferenciado, asique os adestradores teñen moito donde elixir para facer distintos tipos de futbol sala.
A nota negativa puxoa Humberto que se lesionou, e que agardemos que se recupere o antes posible.
No capitulo de agradecementos, o primeiro hoxe creo que ten que ir para a nosa directiva e corpo técnico, que esta a facer un grandisimo traballo (moito e ben) e que igual que a veces se criticou falta de implicación, agora hai que alabarlles o mesmo e mais nestes tempos que non e nada doado ir pedir cartos para publicidade para que poidamos seguir xogando.
Tamén agradecer a toda a xente que se acercou ata o pavillon da martagona, que ainda que o comezo non eran demasiados o pouco de comezar o encontro achegaronse nun número importante. Agardemos seguir contando co seu apoio o longo da tempada.
Esta semana o clube tamen entregou a equipación para a vindeira tempada na que renova todo o vestiario. Polo tanto tamén se entregaron os novos dorsais que quedan asi: (1) Tapy, (2) Pistón, (3) Borja Peréz, (4) Diego, (5) Borja Casal, (6) Fernando, (7) Cris, (8) Sergi, (9) Manito, (10) Iván, (11) Manuel, (12) Bareto, (13) Cordido, (14) Humberto, (15) Kike, (16) Xurxo, (17) Carlos, (18) Guti, (19) Angel, e (23) Cristian.
O proximo partido será o vindeiro domingo as 18:00h en Trabada, fronte o Concello de Trabada, rival que esta unha categoria por encima nosa.
Un saúdo e encanto me pasen algunha foto ou video da presentación xa o colgarei.

martes, 4 de agosto de 2009

Datas confirmadas

Pouco a pouco comeza a coller forma a próxima tempada do Jim Sports Melide FS e sobre todo a pretempada. Xa hai tres datas confirmadas para tres encontros fronte equipos de liga nacional e outros tres encontros fronte a rivais da nosa categoria ainda que sen datas.
Un dos pratos fortes sen dubida sera o encontro de presentación do clube que terá lugar o primeiro dia das festas de San Roque, o Sabado dia 15 de Agosto as 20:00h fronte o Azkar Lugo B. Un encontro que nos chega un pouco cedo no que se refire a composición do plantel pero no que agardamos contar co voso apoio e no que agardamos que todos os que veñades marchedes convencidos do gran proxecto para o vindeiro ano e de todo o traballo que hai detrás.
Ademais do Azkar, tamén o Lobelle visitará Melide esta pretempada e será o dia 6 de setembro pero sobre iso xa daremos mais información o igual que do encontro fronte o Trabada do dia 23 de Agosto.
Un saúdo.
P.D. Acordadevos os xogadores do tema de facer as fotos esta semana e sobre todo de que este martes non se adestra pero o venres as 21:30h si, e agardemos estar todos.

Fotos Semana Eypar 2010