domingo, 31 de mayo de 2009

Boas, a verdade e que esto si anda algo parado, pero o tempo este non soe animar a poñerte diante do ordenador e mais en epoca de exames. O certo Tonecho e que eu estaria encantado de poñer cousas, pero a directiva non solta prenda dos novos proxectos que ten entre mans e enton e dificil poñer alunha novidade, de todos xeitos hoxe vou colgar dous videos cortos. O de abaixo como vos daredes conta e da cea de fin de tempada, e o do lado e un que atopei en Youtube do encontro dos xuvenis fronte o Lodairo imaxino grabado polo de narón.

Na barra lateral tamén puxen unha especie de foro pero vexo que polo de agora non vos vai moito ese cambio, agardo que pronto o estrenedes con algunha novidade algun directivo.

Por certo Tonecho ¿o final vaise a adestrar algo en xullo?, ¿habera equipo no campionato de verán?. Uff, vai a haber que facer unha reunión-cena para aclarar moitas cousas jeje, e senón se queres douche a clave do blog para que o actualizes con fotos desas reunions maraton dos viernes no pavillón jeje.

Bueno un saudo, e parece que vai a haber que vai a haber que seguir agardando polo bombazo do verán................, pero chegara video

domingo, 24 de mayo de 2009

Fotos e repaso

Antes de nada darlle as gracias a Patri, por pasarme as fotos, o final resulta que non me deixa subir mais de 50, asique saquei unha que feria sensibilidades jeje e o resto van o azar. Tamén para Humberto dicirlle que iba subir o video, pero que non hai ningun enlaze nin outra cousa para poder poñelo, e unha pena que non o poidan ver as tuas fans jeje. Se dou subireino mais adiante.

.

Como dixen o outro dia ia facer un pequeno resumo da tempada, pero últimamente os domingos non estou excesivamente inspirado e estou seguro que vou caer no de sempre asique so vai asi por encima.

A directiva: Penso que estan a facer un gran traballo, que os xogadores temos que pensar que estan a currar solo para que nos xogemos e que iso e de agradecer e o mellor xeito e no campo. Nunca e facil pedir que te apoien economicamente pero nestes momentos penso que ainda peor. Por certo gran implicación dos dous fichaxes deste ano, Patri e Rober que viñeron a case todos os partidos. So unha pequena critica (moi tipico en min esto), que ainda que se esta a dar mais publicidade o equipo este ano por exemplo ca participación en Radio Melide seguen a votarse un pouco de menos ver carteis do Melide FS pegados o lado dos do Cire ou Atletico. De todos xeitos GRACIAS.

Corpo Tecnico: Dos xuvenis non podo opinar moito pero o que se ve dende fora e que o traballo da os seu froitos, e penso que os seguira dando, conseguir que os rapazes mostren o respeto que mostran por Tonecho e Brais non e doado. Ademais Tonecho esta a promocionar moito os rapazes novos, feito que se materializa con que Fran e Carlos veñen de fichar polo Autos Lobelle de Santiago xuvenil.

En canto o dos seniors penso que Baby e Sergio aparte de conseguir un mellor ou peor xogo lograron facer un grupo unido que a estes niveis e importantisimo e a labor que desempeñaron estes dous anos mantendo o equipo foi importantisima e agardemos que se vexa recompensada no futuro.
Xogadores: Os xuvenis penso que fixeron un temporadon, so a pega que xa lle puxen outras veces de exceso de temperamento en algun momento pero penso que son unha gran xeración que se seguen como ata agora poden chegar a ser das mellores do pobo
Os seniors, boa tempada en liñas xerais que non foi mellor debido a unha mala xeira a metade de tempada na que por motivos diversos perdemos seis de sete partidos, pero que non emborronan o traballo de todo o grupo no resto de campionato.
Afición: Penso que a nota mais destacada da tempada. Pouco a pouco vaise recuperando o gusto polo futbol sala que habia no pobo fai uns anos, e iso e bonito para todos, xogadores, directiva, e resto da xente que lle gusta isto. Agardamos seguir contando con vos para o vindeiro ano e a poder ser unir a mais xente a este proxecto que pinta ben. GRACIAS POR TODO.
Futuro: Como xa dixen para o ano so vai a haber un equipo do Melide FS xa que os dous equipos unense. Ainda non se sabe cando imos a empezar (hai xogadores xa con mono jeje) nin quen segue ou o deixa fixo a parte de Rober e Portos, agardemos que Tonecho como novo mister cando teña novidades as poña por aqui. De todos xeitos e como puxen antes e un proxecto que pinta ben, ainda que quizais non para o ano, si para dentro de dous.
Antes de rematar agradecer a Patri, Humberto, Sergio, Portos, Manito, Neira, Carlos "Quini", Tapi, Ruben, Prosy e sobre todo a Tonecho, e o resto que de vez en cando comentades algo porque asi esto do blog movese un pouco mais e da mais animos para seguir con el.
Un saudo e durante este periodo de descanso seguirei colgando algo de vez en cando.

domingo, 17 de mayo de 2009

Fin de tempada

Este sabado rematou a tempada 2008-09 para o Melide FS e fixo co encontro dos xuvenis fronte o C.D Lodairo cunha victoria ampla e relativamente comoda eso que non fixo o seu mellor partido da tempada.
Despois dese encontro os dous equipos e a directiva fomonos de cena a celebrar a boa tempada realizada polo equipo. En canto Patri Presi me pase as fotos colgareiras porque hai algunha que ten moito que comentar.
Ainda que para a semana se teño un pouco mais de tempo farei un pequeno resumo da tempada e un analise da vindeira dicirvos que en principio os dous equipos vanse a unir para competir liga autonomica Norte con Tonecho de adestrador e Sergio de segundo e delegado. Polo momento as duas unicas baixas confirmadas son as de Marcos Portos alias "o 15" e a de Rober pero como digo tentarei poñer algo mais para a semana.
Un saudo y JUGADORES MERCENARIOS

domingo, 10 de mayo de 2009

Ambientazo e partidazo.

Triunfo este sabado no pavillon da martagona do Melide FS xuvenil fronte o Azkar Lugo por 10-7.
Partidazo de todos os xogadores de Tonecho que comezaron perdendo por mor dun penalti encontra pero que souberon sobrepoñerse e a partir de ahi ir todo o encontro por diante no marcador. So oubo un momento de pequena crise que foi coa igualada a sete dos visitantes pero nese intre Tonecho tirou dun B.Casal que ainda non marcara e fixo dous goles e deu unha asistencia para sentenciar. Foi un partido moi disputado, con moita loita pero con gran deportividade por parte dos dous equipos agas unha pequena tangana no último segundo pero que non borra para nada a imaxe dos dous equipos. Por certo desexarlle dende aqui moita sorte tanto o Azkar como o Riazor que a proxima xornada se xogan a liga no encontro que os enfronta en Coruña.
Imaxino que Tonecho deixara algun comentario por ahi pero eu vou destacar algunhas cousas que me pareceron salientables.
1. Actitude de TODOS os xogadores, dando o todo cando estaban no campo e sendo compañeiros pedindo o cambio cando non podian.
2. Partidazo de TODOS pero hoxe eu destaco a Cristian, a Carlos500 nunha gran primeira parte, os 4 goles de Xurxo, o partidazo de Fran e Manuel e a efectividade de B.Casal que sen ter ningun protagonismo todo o partido cando saiu sentenciou. Non me esquezo do resto B.Perez, Sergi, Fernando, Guti, Manda, Carlos e tamen Kike.
Como en outros encontros e como xa dixo Tonecho no vestiario, solo vos critico o do final do encontro, no que acepto que foi unha patada por detras a Fernando forte faltando un segundo e que non viña a nada pero hai que ter mais sangre fria ou polo menos intentalo.
.
.
Agora toca a mención especial da xornada. O PUBLICO. Tremendo o ambiente no pavillon, mais de 150 persoas e todas tanto as de Lugo como as de Melide con gran deportividade, animando os seus, cantando case todo o partido (Algo que eu non vivia fai moito tempo). Non sei que mais dicir, resumiriao coas palabras dunha neniña que estaba nas gradas e dixo "esto e mais emocionante que o Chelsea - Barça" .
Antes de rematar dicir que os xuvenis xogan para a semana as 20:00h fronte o Lodairo en Melide o ultimo partido da tempada, e recordar os seniors que quedamos a esa hora os que poidamos para ir a animalos, e que logo as nove hai reunión e despois Cenuca.
Un saudo e GRACIAS A XENTE QUE APOIA O FUTBOL SALA. en Melide que cada dia e mais

domingo, 3 de mayo de 2009

Remontada épica

Triunfo na despedida da tempada dos seniors que se veu complementado tamem co triunfo dsos xuvenis os que ainda lles restan dous encontros para finalizar a sua campaña.
Comezamos falando dos seniors e do calco de encontro con respecto o guion da semana pasada ainda que esta vez con un final feliz e cunha victoria por oito goles a seis.
O encontro comezou con un xogo pausado xa que ningun dos equipos nos xogabamos cousas importantes, ainda asi o dominio era do Melide que nun roubo de balon en metade de pista sacaba unha contra que culminaba Manito facendo o primeiro gol. A partir de hai todo foi mal para nos, non saian as cousas moitas individualidades, falta de confianza, ansiedade e un desastre de xogo que o igual que no encontro anterior fixo que nos fosemos o descanso con un marcador de 1-5 que facia presaxiar o peor.
Xa nos vestiarios volveu a haber conxura para despedir como se merecia a tempada e tamen a Baby e asi o segundo tempo foi totalmente distinto. Comezou cunha contra do Ribeira que ainda ampliaba mais as diferencias pero que foi o que fixo en toda a segunda parte a mais de algunhas ocasións desbaratadas de xeito excelente por Tapi.
O inicio da remontada comezou cun pouco de sorte, nun pase longo de Humberto que Piston non chegou, o que despistou o porteiro e fixo que o balon se metese na porteria. Quince segundos despois un gran pase de Manito culminouno Portos cruzando o balón. Esta xogada repetiuse pouco despois con Manito de asistente pero agora o finalizador foi Piston. O Melide seguiu presionando e nun corner Iván facia o 6-5, gol co que non se conformou o equipo e logo dunha parede entre Manito e Iván este puxo o centro e un defensa rival marcou en propia porta o gol do empate. Faltaban ainda sete minutos e faltaba por mollar un dos pichichis do equipo Cristian que nunha nova xogada en equipo conseguia adiantarnos no marcador. Nese intre oubo un pequeno paron e o Ribeira tivo algunha ocasión pero finalmente Cristian fixo o 8-6 definitivo.
A ultima alineación de Baby foi Angel (12) na porta, Rober (6) de peche, Manito (9) e Piston (2) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Cristian (7), Cordido (13), Humberto (14) e Portos (15).
Nesta xornada como mais destacado vou poñer o espiritu de sacrificio na segunda metade e sobretodo o espiritu da aficion o Melide FS que este ano parece que se esta a recuperar e co que agardamos seguir contando.
Os xuvenis esta semana e por primeira vez non os vin na casa, pero a verdade mereceu a pena perderme ese partido jeje. Polo que vin na paxina da federación gañaron por 10-6, pero seguro que Tonecho cando teña un intre nos comenta algo mais deste encontro. A proxima semana visita Melide o Azkar Lugo, lider da clasificación asique todos os que poidamos temos que ir a alentar os nosos rapazes que son o futuro do futbol sala en Melide.
Volvendo os seniors e a falta de saber que ocorre coa Copa, o equipo remata a tempada na sexta posición e a so tres puntos do cuarto clasificado. Mais adiante falaremos algo do tema de altas e baixas para a proxima campaña pero dende aqui e penso que en nome de todos os xogadores do plantel como o demostraron o sabado o rematar o partido agradecer o traballo de Baby e de Sergio, xa que ambos a marxe de que calquera de nos poidera estar mais ou menos dacordo con algunha decisión fixeron un gran traballo que poucas veces e recoñecido. Baby xa comunicou a sua decisión de deixar o posto de adestrador ainda que seguira na directiva, agardemos tamen seguir contando con Sergio Capitan Brunete.
Un saudo a todos

Fotos Semana Eypar 2010