domingo, 13 de abril de 2008

Triunfo con sabor amargo

En primeiro lugar gustariame comenzar esta entrada rectificando un erro da anterior entrada, xa que puxen que estabamos igualados a puntos con Quiroga e estaba equivocado, tiñamos tres menos
O de triunfo con sabor amargo e porque despois de conseguir unha victoria con tanta loita como a do sabado, acabo de mirar a clasificacion, e os dous rivais que estaban por encima nosa tamen conseguiron os tres puntos, polo tanto no caso de que baixen mais de dous equipos, seguiriamos a catro puntos da permanencia. A noticia positiva e que polo menos conseguimos abandonar o posto de pechacancelas da clasificación.
No que se refire o encontro do sabado dicir que se fixo unha mala primeira parte e que comenzamos perdendo 0-2, pero que xusto antes do descanso Sergi fixo o 1-2, e que nunha seguunda parte boa sobretodo en intensidade conseguiuse remontar o encontro con tres goles de Cristian, e ademais dispuxemos de dous postes e outras duas ocasions claras. Tamen destacable a actuación de Tapi, que cando o equipo se foi arriba para levar o encontro tivo varias intervención de merito. Outro dato que me gustaria salientar foi a mala actuacion unha semana mais do arbitro na segunda metade, na que nos sinalou un par de faltas o borde da area claramente inxustas, e na que sinalou alomenos tres saques de banda que eran clarisimante nosos en contra, sobre todo o final.
Baby empezou este encontro con Angel (12) na porteria, Rober (6) de peche, Chopi (5) e Portos (15) nas alas e Cristian (7) arriba. Tamen xogaron, Tapi (1), Nando (8), Sergi (9), Iván (10), Rafa (11) e Humberto (13).
Agora temos un paron de duas semanas, para coller forzas para afrontar os tres ultimos encontros, que ademais os disputaremos como locais. Outro dato negativo e que para eses encontros imos ter varias ausencias. Para o primeiro non estara Tapi que se vai para Sevilla a traballar ainda que os rumores din que o que vai facer e pedirlle a Chaparro a cancion de Resistire que tan ben lle foi o Betis, e tampouco estara en dous partidos Nando.
Un saudo e a seguir loitanto, que seguimos vivos e seguro que os rivais van pinchar.

domingo, 6 de abril de 2008

Punto de esperanza

Punto de esperanza, non so polo punto logrado fronte o quinto clasificado gracias o 2-2, senon tamén porque acabo de confirmar o que un anonimo deixou no comentario da anterior entrada.
O Bruselas Monterroso abandonou a competición, polo que unha praza de descenso xa esta adxudicada, ademais de ser certo o que este anonimo di de que os encontros fronte o Monterroso quedan anulados, agora mesmo o Melide Fs estaria empatado a puntos con Quiroga que e noso proximo rival, este sabado en Melide. Polo tanto ainda que moi dificil, ainda queda un minimo de esperanza que nos permite seguir pensando na permanencia
No que se refire o partido de onte dicir que foi un bo partido do Melide, e que despois de moitos encontros iguales, este non foi un "correcalles". O encontro estivo igualado no primeiro tempo, de feito fomonos o vestiario con 0-0.
Na segunda metade chegaron os goles, primeiro de Cristian para o Melide Fs, e logo dous en un minuto do Mexillon de Ouro que acabaria contrarrestando Nando de penalti no último minuto.
Sergio que sustituiu a Baby puxo de inicio a Tapi (1) na porteria, Rober (6) de peche, Humberto (13) e Cristian (7) nas alas e Ivan (10) de pivote. Tamén xogaron Chopo (12), Chopi (5), Nando (8), Rafa (11) e Portos (15).
Agardemos que este sabado se consiga a victoria e se siga soñando.
Un saudo.

martes, 1 de abril de 2008

Mais do mesmo

Unha semana mais repitese o guion nos encontros disputados polo Melide Fs. Encontro equilibrado que non matamos cando deberiamos e que o final rematamos perdendo. Este sabado en A Fonsagrada perdemos 6-5 logo de facer unha boa primeira parte con varias ocasións clarisimas e na que logo de adiantarnos nos fomos o descanso con 1-1. No segundo tempo o partido estivo tolo e puido caer para calquer lado pero estando o Melide Fs de por medio sempre cae para o outro.
Os goleadores foron Iván, Humberto e Cristian en tres ocasions.
Para a semana visita melide un dos equipos de arriba o Mexilon de Ouro.
Baby empezou con Tapi (1) na porteria, Rober (6) de peche, Iván (10) e Chopi (5) nas alas e Sergi (9) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Cristian (7), Rafa (11) e Humberto (13).
Neste encontro tivemos as baixas por distintos motivos de Nando, Roca e Portos que agardemos esten po proximo encontro.
Un saudo

Fotos Semana Eypar 2010